Sesión de fotos de recén nacido
Captura os primeiros días do teu bebé!
Os primeiros días de vida do teu bebé son máxicos e pasan voando. Axúdote a conservar estes recordos tan especiais con sesións de fotos de recén nacido en Vilanova de Arousa.
Realizamos sesións lifestyle no noso estudio situado en András (Vilanova de Arousa) ou a domicilio se o prefires. Enfocámonos en crear un ambiente cálido e seguro para o teu bebé, capturando a súa beleza natural e os pequenos detalles que fan destes momentos algo único.

Cándo reservar?
Canto antes, sempre que saibas a data probable do parto, pois as sesións realízanse entre o día 5 e 15 de vida do bebé. Reserva con tempo para asegurar a túa data!
Fotografía Lifestyle
As sesións lifestyle son sesións sen envolvtorios polo medio, nin atrezzo de máis. Só estaredes vós, un decorado acolledor e unha iluminación natural adecuada.
Formación e Seguridade
Para ofrecer o mellor servizo posible, nunca deixo de formarme con profesionais tanto do sector fotográfico como do médico. Por iso, teño formación en Primeiros Auxilios Pediátricos e especialización en fotografía de recén nacidos.

Packs
Pack Ana
Imaxes
- 10 Fotos dixitais
Entrega
- 10 fotos impresas 13×18
Pack Clara
Imaxes
- 15 Fotos dixitais
Álbum
- Álbum 20×20 con 5 pregos
Pack Lea
Imaxes
- 25 Fotos dixitais
Álbum
- Álbum 20×20 con 12 pregos
- Bolsa para álbum
Información
Cómo se concerta a cita?
É importantísimo que se faga desta maneira:
Por WhatsApp envíanse os seguintes datos:
-
- Nome completo dos asistentes
- Números de teléfono
- Correo electrónico
- Semanas de embarazo e data probable de parto
- Pack elixido
Cómo se realiza o pago?
Farase o mesmo día da sesión en efectivo, Bizum ou transferencia bancaria.
Cándo se entregan as fotografías?
Primeiro enviarase unha galería privada onde poderás elixir as imaxes que máis che gusten.
Unha vez seleccionadas, o proceso de edición final en tempada baixa pode tardar ata 10 días, pero en tempada alta pode ser máis longo.
Se se elixen produtos impresos, dependemos dos prazos dos laboratorios, e os álbumes teñen un prazo de produción de 15 días de produción.
Qué vestiario debo levar?
Unha vez organizada a sesión, enviareite unha guía de vestiario para axudarte a te orientar.
Cánto dura a sesión?
- Entre 1 hora e media e 3 horas.
Quén pode participar?
Como norma xeral estas sesións se realizan por núcleo familiar, pero poden adaptarse para outros integrantes.
Poden participar as mascotas?
Por suposto! Son parte da familia, pero é necesario comunicalo con antelación.
Andas a buscar un fotógrafo para un evento?
Cóntame a túa idea e ofertareite un orzamento personalizado para unha sesión de fotografía coas mellores opcións para o teu evento.